Rubia galega, entre las mejores razas cárnicas del mundo
viernes 21 de octubre del 2022
A raza Rubia Galega, identificada coma tal hai máis dun século, está a vivir na gastronomía unha época de recoñecemento e gran de prestixio nos mercados cárnicos e mesmo na restauración.
Sen dúbida ocupa un lugar de honra no podio das mellores razas cárnicas do mundo ao carón doutras coma a Simmental, Angus, Wagyu ou Hereford. Os chefs máis reputados do mundo teñen rubia galega nas súas cartas.
Ainda que a súa área de difusión se sitúa nunha zona montañosa de terras fértiles do interior de Galicia a uns 500 metros sobre o nivel do mar, na actualidade conta cun área de dispersión a nivel nacional que vai dende Castela e León, A Rioxa, Aragón, Madrid ou Castela A Mancha.
A raza caraterízase por teren unha gran rusticidade, adáptase moi ben a medios adversos. E dócil, de fácil manexo, mansa e ten unas cualidades maternais excelentes. O color é fudamentalmente rubio ou trigueño, admitíndose oscilacións que van dende o claro ‘marelo’ ao oscuro ‘Bermello’.
O programa de mellora continua impulsado na última década por ACRUGA está permitindo optimizar a eficacia productiva da raza obtendo como resultado unha carne da grande calidade a partir dun xato de dez meses de idade criado cun sistema específico de producción, cunha lactancia natural arredor de sete meses dende o seu nacemento. O seu peso pode alcanzar para entón uns 450 Kg.
ACRUGA – Asociación Nacional de
Criadores de Gando Vacún
Selecto de Raza Galega.