Restaurante Os do Resero

jueves 25 de agosto del 2022

A avoa Visitación (a mesmiña que sae no logo) foi quen creou as receitas saborosas dos embutidos, queixos e moitos dos platos de cociña de “Os Do Resero”. Deixou un legado moi valioso enchido de sabor, tradición e bo facer, que quenes seguen a día de hoxe levando o negocio ben o saben e así continúan a facer. E a nos, que nos gusta o bo xantar, por alí nos deixamos caer de cando en vez para podelos saborear. Porque Os Do Resero non é só un coñecido restaurante de productos típicos da zona da Cañiza, recoñecido mais alá das nosas fronteiras, é unha finca extensísima na que se acolle tamén: a fábrica de embutidos, a  tenda de productos típicos galegos, a granxa, e unha preciosa casa rural chamada “O Vieiro” na que desconectar do mundo e sentir o pracer da natureza do entorno da Cañiza.

 

A historia fixo que ao longo dos anos, foran crecendo, ampliando e mellorando as súas instalacións, sendo a súa última reforma a da terraza axardinada, na que se poden degustar uns máis que famosos bocadillos de xamón, ricos e abundantes. Máis de 30 traballadores integran a día de hoxe  a plantilla deste complexo hostelero, facendo posible que a tradición se manteña ano tras ano.

Das receitas da avoa Visitación, resultan deliciosos os chourizos dulces e picantes, ceboleiros, tipo vela para tomar en cru, xamóns, salchichóns, lacóns, costelas, touciño, cachucha e queixo. Todos eles á venda na tenda de produtos típicos Os Do Resero a cal está ubicada ao ladiño do restaurante. Alí, no restaurante Os Do Resero, cociñan moi moi ben o cocido galego, cabrito estofado, cordeiro ao forno, chuletón e churrasco á brasa,…E para quenes son mais de peixe, o atoparán de primera calidade.

Se aínda non o coñecedes, ¿a qué agardades? Unha gran experiencia vos espera na Cañiza, saída 272 da autovía A52. w

Os Do Resero. Un lugar para o disfrute e o bo xantar.

Quizás te pueda interesar…