II EDICIÓN DE #OMARENTAPAS

miércoles 4 de septiembre del 2024

#OMarEnTapas é a campaña de promoción de Marisco de A Illa da OPP20 que deu comezo en 2023 e que debido ao éxito colleitado repite singradura este ano 2024 cunha II Edición. Novamente, esta acción está incluída no seu Plan de Produción e Comercialización para esta anualidade, cofinanciado polo FEMPA e a Xunta de Galicia.

 

 

Esta anualidade #OMarEnTapas, aumenta locais a un total de 15 e fai así posible aumentar o percorrido gastronómico polo enclave marabilloso que é A Illa de Arousa esta vez preparando receitas con navalla e longueirón vello, dúas especies principais para a organización e que farán as delicias de quen decida acudir a probalas.

 

Esta campaña segue o rumbo marcado pola OPP20 para promocionar a marca Marisco de A Illa, que pon en valor a tradición do oficio marisqueiro, a calidade excepcional do produto que recollen os seus produtores e produtoras, o saudable de consumir marisco como parte dunha dieta equilibrada e o pracer gastronómico que supón facelo, sobre todo por mans expertas de cociñeiros e cociñeiras experimentadas coma as dos locais participantes.

 

O 14 de setembro, toda persoa amante do produto de proximidade, fresco e de calidade (así o certifica o seu selo PescadeRías), saudable e saborosísimo como é o Marisco de A Illa, ten unha cita ineludible coa OPP20 e #OMarEnTapas, e se consegue completar o folleto da campaña (poderá solicitalo nos bares e restaurantes colaboradores) cos selos dos locais das tapas que consuma, cumprimentalo cos seus datos e a tapa que máis lle gustou, e despois depositalo nos cofres tamén dispoñibles nos locais, poderá optar a un premio de 2kg de Marisco de A Illa. Do mesmo xeito, o local que obteña máis puntos tamén será premiado con Marisco de A Illa.

 

Por último, aquelas persoas que compartan as súas fotografías das tapas nas redes sociais etiquetando a Marisco de A Illa e co hashtag #OMarEnTapas poderán obter material promocional da campaña.

 

¡Nos vemos disfrutando da II Edición de #OMarEnTapas!

Quizás te pueda interesar…