Descubrindo Lugo: Conxunto monumental de San Vicente do Pino

sábado 4 de marzo del 2023
Historia, poder, grandiosidad y espectaculares vistas panorámicas sobre Monforte de Lemos. Se trata de una de las mayores fortalezas de Galicia, donde se encuentran los elementos arquitectónicos más emblemáticos de la ciudad: el monasterio de San Vicente do Pino, la torre del homenaje y el pazo de los condes de Lemos.
Monforte nace a los pies de esta fortaleza medieval del siglo XII. Se levantó encima del castro Dactonio, justo donde los monjes benedictinos construyeron en el siglo X el monasterio de San Vicente do Pino.
La torre del homenaje, icono del poder feudal en la Edad Media, fue construida entre los siglos XIII y XV y cuenta con 30 metros de altura. El monasterio, en la actualidad Parador de Turismo, está considerado como el primero erigido tras la invasión árabe en Galicia. Adosada al monasterio está la iglesia, de fachada renacentista y trazado gótico, que cuenta en su interior con piezas de gran interés como el retablo de Santa Ana o el sepulcro del abad Don Diego García del año 1334.
El conjunto se completa con el pazo de los condes de Lemos del siglo XVII. Parte del edificio fue devastado por las llamas en un incendio en 1672, en el que se perdieron documentos relevantes del archivo de los Castro. Hoy en día, sus salones se utilizan para convenciones del Parador.
Un imponente conjunto monumental en la Ribeira Sacra donde sentir la presencia de siglos de historia bajo nuestros pies dejándonos envolver por sus majestuosos monumentos.
Historia, poder, grandiosidade e espectaculares vistas panorámicas sobre Monforte de Lemos. Trátase dunha das maiores fortalezas de Galicia, onde se atopan os elementos arquitectónicos máis emblemáticos da cidade: o mosteiro de San Vicente do Pino, a torre da homenaxe e o pazo dos condes de Lemos.
Monforte nace aos pés desta fortaleza medieval do século XII. Levantouse encima do castro Dactonio, xusto onde os monxes beneditinos construíron no século X o mosteiro de San Vicente do Pino.
A torre da homenaxe, icono do poder feudal na Idade Media, foi construída entre os séculos XIII e XV e conta con 30 metros de altura. O mosteiro, na actualidade Parador de Turismo, está considerado como o primeiro erixido tras a invasión árabe en Galicia. Xunto ao mosteiro está a igrexa, de fachada renacentista e trazado gótico, que conta no seu interior con pezas de gran interese como o retablo de Santa Ana ou o sepulcro do abade Don Diego García do ano 1334.
O conxunto complétase co pazo dos condes de Lemos do século XVII. Parte do edificio foi devastado polas chamas nun incendio en 1672, no que se perderon documentos relevantes do arquivo dos Castro. Hoxe en día, os seus salóns utilízanse para convencións do Parador.
Un impoñente conxunto monumental na Ribeira Sacra onde sentir a presenza de séculos de historia baixo os nosos pés deixándonos envolver polos seus maxestosos monumentos.

Quizás te pueda interesar…