Descubrindo Pontevedra: Festa do Viño do Condado do Tea
jueves 18 de agosto del 2022
Xa está aquí de novo unha das festas gastronómicas máis esperadas de agosto: A Festa do Viño do Condado do Tea, que se celebrará en Salvaterra de Miño do 22 al 28 de agosto, cunha 63ª edición, cargadiña de actividades, concertos, gastronomía e catas.
Dende o luns 22 ao venres 26: catas comentadas na casa do viño (recinto amurallado) dirixidas polas adegas participantes. As prazas son limitadas polo que compre facer reserva de praza no email: museocienciavino@concellodesalvaterra.org ou no teléfono 617 148 866 de mércores a domingo.
Do xoves 25 ao sábado 27 de agosto poderase visitar o Túnel do Viño no Museo da Ciencia do Viño do Condado. Inscripcións e máis info: museocienciavino@concellodesalvaterra.org ou no teléfono 617 148 866 de mércores a domingo.
O venres 26 de agosto ás 20:00 horas terá lugar a inauguración oficial da LXIII Festa do Viño do Condado do Tea no recinto amurallado. 3 días de música, cultura, historia, gastronomía e moito viño nun enclave privilexiado. E cando cae o sol: “Noites gastronómicas” con viños e produtos da terra e do mar.
O sábado 27 de agosto, ás 10hs celebrarase a porta pechada a “Cata á procura dos viños deliciosos doano” , seguida dunha xornada enchida de actuacións musicais, viño, comida e noites gastronómicas.
O domingo 28, ás 10:30hs desfile de Bandas de Gaitas e Grupos Folclórico. Ás 11:15hs nomeamento dos novos cofrades da Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos e Declaración dos Viños Deliciosos do Ano (Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño).
ÁS 12:30hs lectura do pregón a cargo de D. Miguel Carballeda Piñeiro, Presidente do Grupo Social ONCE. A música seguirá amenizando a xornada con charangas e concertos.
Agardámosvos un ano máis na LXIII Festa do Viño do Condado do Tea.